Tuesday 24 de September de 2024

O Punto Limpo pechará a próxima semana con motivo das obras de ampliación e mellora das instalacións


No proxecto, actualmente en execución, Concello e Xunta de Galicia invisten 250.000 euros.

Con motivo da execución das obras de ampliación do punto limpo da Laracha, a instalación permanecerá pechada ao público durante a próxima semana, do 30 de setembro ao 5 de outubro.

A actividade habitual recuperarase o próximo día 7 de outubro, con horario de apertura os luns de 15:00 a 20:00 h, os mércores e venres de 16:00 a 20:00 h, e os sábados de 9:00 a 14:00 h.

O punto limpo da Laracha, situado xunto á ponte do Formigueiro e moi próximo á capital municipal, e un equipamento municipal chave para a conservación do entorno e o respecto do medio ambiente, xa que ofrece á cidadanía a posibilidade de desbotar aqueles residuos domésticos que polas súas características non poden depositarse nos colectores de lixo con garantía de que recibirán o tratamento axeitado, mesmo recuperando os máximos compoñentes posibles para a súa reciclaxe.

As obras que se está levando a cabo permitirán incrementar os espazos, mellorar os equipamentos e reforzar os servizos desta infraestruturas municipal. No proxecto o Concello e a Xunta de Galicia invisten 250.000 euros.

Deja un comentario